Saborearte - Álbum de fotos - Página 5
saborEarte
O Camiño de Santiago é un excelente escaparate para descubrir Galicia.
Unha terra de innumerables atractivos, entre os que destaca, sen dúbida, a
gastronomía.
A galega é unha gastronomía rica e diversa, na que a calidade parte dende a
orixe. Nace de produtos locais nos que bo facer , tradición e unhas condicións
óptimas de cría e cultivo marcan a diferencia. Produtos, en moitos casos,
avalados por denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.
saborEarte é unha celebración da gastronomía galega. Un percorrido polo
Camiño de Santiago da man da cociña de proximidade e a fotografía. Cinco
showcookings que son unha homenaxe á produción local, á paisaxe, á cultura
e á historia dalgúns dos territorios que conforman os itinerarios xacobeos.
A proba de que o Camiño de Santiago é unha experiencia de infinitos matices,
que pode e debe gozarse cos cinco sentidos.
5